INFORMACIÓN DE OBRIGATORIA LECTURA

A organización coida tódalas medidas necesarias e separacións esixidas polas autoridades para a seguridade dos espectadores con asiento, non obstante recoméndase o uso de mascarillas.

Non se disporá de baños de uso público.

A entrada e salida do recinto está supeditada a poder probar a adquisición da entrada pertinente, aportando o mail de confirmación de compra co número de pedido.

A frecuencia de radio para a escoita do evento darase a coñecer minutos antes da actuación.

Os vehículos deberán permanecer cos motores apagados dende que éste queda estacionado no lugar indicado.

Non se podera sair do recinto co vehículo antes da finalización da actuación salvo causa debidamente xustificada e avisando previamente á organización que dará instruccións para facilitar a manobra.

A entrada cos vehículos no recinto permitirase dende 60 min antes da actuación, evitando obstaculizar as vías públicas de circulación.

A organización reservase o dereito de proceder á cancelación do evento no caso de que as condición climatolóxicas así o requiran, pospoñendo o mesmo e podendo reservar a entrada para unha data posterior.

Prohíbese a entrada de vehículos furgoneta, monovolumen, pick up, todo camino, suv, 4×4 e similares características de altura para non obstaculizar a visión dos demáis turismos.

Duración espectáculo aproximadamente: 90 min

normas covid-19

CONDICIONS ESPECÍFICAS RELATIVAS Á PREVENCIÓN. COVID-19:

As condicións de acceso e permanecia no recinto está suxeta á normativa vixente e a posibles modificacións en función das normas establecidas nese momento.

É deber do espectador seguir as normas previstas para contaxios: Toda persona contaxiada está obligada a non acudir ó evento.Así coma se ten síntomas compatibles coa enfermidade por Covid-19 ou houbese tido contacto con oitra persona enferma por Covid-19 deberá absterse de acudir ó evento se antes do mesmo non se acredita non estar infectada.

A organización poderá impedila entrada a toda persona contaxiada ou con síntomas compatibles ca Covid-19.

É obrigatorio seguir as normas de comportamento que establezan a organización para previr contaxios, dende que pasa polo control de acceso ata que abandona o recinto.o incumprimento das mesmas poderá ser motivo de expulsión do recinto da persona infractora con pérdida do dereito á devolución do prezo pagado e sen prexuizo de que o comportamento poida ser notificado ás autoridades competentes por si é constitutivo de infracción administrativa o delito.