BONO COCHE (2 días)
Quico Cadaval e Cándido Pazó
3 e 4 de xullo

BONO SILLA (2 días)
Quico Cadaval e Cándido Pazó
3 e 4 de xullo

ENTRADA COCHE
Quico Cadaval 3 de xullo

ENTRADA SILLA
Quico Cadaval 3 de xullo

ENTRADA COCHE
Cándido Pazó 4 de xullo

ENTRADA SILLA
Cándido Pazó 4 de xullo

** PODEDES SEGUIR MERCANDO ENTRADAS PARA AS NOVAS DATAS ATA ENCHER O AFORO**

– BONO COCHE (entrada para coche 2 días, máximo 4 persoas por coche) Quico Cadaval e Cándido Pazó 3 e 4 de xullo
– BONO SILLA (entrada para silla 2 días) Quico Cadaval e Cándido Pazó 3 e 4 de xullo. Os espectadores en silla deberán vir provistos de smartphone con app de radio ou radio portátil con cascos para recibir o audio a través do dial da FM indicado pola organización.
– ENTRADAS para un día: En coche (máximo 4 persoas) ou silla. 
Prohíbese a entrada de vehículos furgoneta, monovolumen, pick up, todo camino, suv, 4×4 e similares características de altura para non obstaculizar a visión dos demáis turismos.

QUICO CADAVAL e CÁNDIDO PAZO actuarán en Ribeira os próximos 3 e 4 de xullo ás 22.00 h. nun novidoso formato que manterá en todo momento as distancias de seguridade entre o público asistente. O «autocontos» é unha experiencia pioneira en Galicia que se fará por primeira vez en Ribeira, na Praza de España. O son dos espectáculos chegará aos espectadores a través dun dial da FM, a mesma tecnoloxía que se emprega nos autocines; deste modo os espectadores poderán gardar en todo momento as distancias de seguridade esixidas pola normativa actual de espectáculos.
O narrador será seguido por duas cámaras robotizadas que emitirán en directo nunha gran pantalla ubicada enriba do escenario para que os espectadores non perdan detalle dos seu xestos.
Están á venda seis tipos de entradas: BONO COCHE a un prezo de 25 euros polos dous días, BONO SILLA a un prezo de 14 euros polos dous días, e entradas individuais para cada día: ENTRADA COCHE para ver a Quico Cadaval a un prezo de 14 euros, ENTRADA COCHE para ver a Cándido Pazó a un prezo de 14 euros e pases para estar ao aire libre ENTRADA SILLA para ver a Quico Cadaval a un prezo de 8 euros e ENTRADA SILLA para ver a Cándido Pazó a un prezo de 8 euros.
A validación das entradas farase na entrada ao recinto o día da actuación, chega con mostrar no seu móvil o correo enviado polo sistema co número de pedido e o nome rexistrado no formulario de pago.

**Para calqueira dúbida poden enviar un mail a: jandro@janproducciones.com

 

UBICACIÓN DO EVENTO: PRAZA DE ESPAÑA, RIBEIRA

Organiza

Colabora